Datos básicos

As imaxes e os sons do Camiño Primitivo a Compostela... Un documental que presenta paso a paso, punto a punto, o percorrido por unha das principais rutas de peregrinaxe que atravesan Galicia na procura da meta final: a Catedral de Santiago.

 

É esta a vía xacobea máis antiga do mundo, solapada sobre un destacado itinerario prehistórico con gran acumulación de asentamentos castrexos, campos de mámoas e fitos da cultura megalítica, especialmente relevantes nas serras de El Palo, Montefurado e Hospital de Montouto, así como no condado de Mera, alén Miño… Unha verea antiquísima aproveitada como calzada romana entre Lucus Asturum a Lucus Augusti para a explotación mineira da cunca aurífera do río Navia, e de Lucus Augusti a Iria Flavia a través da vía XIX do itinerario de Antonino Caracalla.